Con data do 17 de novembro de 2000, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000716/2000 interposto polo Club Ski de Vigo y Club de Esquí Artístico de Ourense contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva con data do 24 de marzo de 2000 sobre diferentes actos do proceso electoral da Federación Galega de Deportes de Inverno.
En consecuencia, esta Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento y son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.
Eduardo Lamas Sánchez
Secretario xeral para o Deporte