Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 27 de decembro de 2000 Páx. 16.870

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 15 de decembro de 2000 pola que se crean ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu

presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante a presente orde a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Sergas crean os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas, creados pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente.

Artigo 5º.-Órgano responsable da seguridade dos ficheiros.

Será responsable da seguridade dos ficheiros o Servicio de Informática da Área administrativa do Sergas, salvo os relativos a: renda de integración social de Galicia, rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais e beneficiarios de prestacións, dos que será responsable a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Incapacidade laboral.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Xestión das baixas laborais.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas con dereito a prestación económica por baixas laborais. Facultativos controladores da incapacidade laboral.

c) Procedemento de recollida de datos.

Partes laborais de baixa.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos.

b. Data de nacemento.

c. Sexo.

b) Datos de carácter identificativo.

a. NIF.

b. Nª de afiliación á Seguridade Social.

c) Datos laborais.

d) Datos de saúde referidos á incapacidade laboral.

a. Código de diagnóstico (segundo codificación médica CIE-9-MC).

e) Outros datos.

a. Código facultativos controladores da IT.

b. Codigo da mutua á que pertence.

e) Cesións / transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria.

g) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria.

h) Nivel de seguridade.

Alto.

Reclamacións de responsabilidade patrimonial.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Xestión de todo o proceso xerado pola esixencia de responsabilidade patrimonial á Administración como consecuencia da asistencia sanitaria.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Damnificados.

Reclamantes.

Representantes.

c) Procedemento de recollida de datos.

Solicitudes de reclamación.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Arquivo de Lotus Notes.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos.

b. Enderezo.

c. Teléfono.

b) Datos de carácater identificativo.

a. DNI.

b. Nª de afiliación á Seguridade Social.

c. CIP.

c) Datos laborais.

a. Profesión.

d) Datos de saúde.

a. Diagnóstico.

e) Outros datos.

a. Valoración económica.

b. Profesionais sanitarios.

i. Nome e apelidos.

c. Instructores.

i. Nome e apelidos.

ii. Enderezo.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria.

g) Servicios ou unidades antes os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria .

h) Nivel de seguridade.

Alto.

Reintegros de gasto.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Control das prestacións ortoprotésicas.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas con dereito a prestación económica para a obtención de ortopróteses.

Facultativos prescritores dos reintegros de gasto.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos.

b. Data de nacemento.

c. Sexo.

d. Enderezo.

e. Teléfono.

b) Datos de carácter identificativo.

a. NIF.

b. Nº de afiliación á Seguridade Social.

c. Código tarxeta sanitaria.

c) Datos de saúde.

a. Código do diagnóstico polo que se prescribe a prótese.

d) Datos económicos.

a. Datos económicos relacionados coa prótese.

b. Datos bancarios.

e) Outros datos.

a. Datos identificativos do representante.

b. Datos identificativos do médico prescritor.

c. NIF do establecemento que subministra a prótese.

d. Datos identificativos dos inspectores que informan do reintegro do gasto.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria.

g) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria.

h) Nivel de seguridade.

Alto.

Tratamentos de quimioterapia.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Control dos programas de quimioterapia con centros concertados e control de calidade asistencial.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Pacientes ós que se lles subministran tratamentos antineoplásticos (terapias anticanceríxenas).

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos no mesmo.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos.

b. Data de nacemento.

c. Sexo.

b) Datos de carácter identificativo.

a. NIF.

b. Nº de afiliación á Seguridade Social.

c. Código tarxeta sanitaria.

c) Datos de saúde referidos á medicación administrada.

d) Datos dos medicamentos subministrados.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

g) Servicios ou unidades ante os que poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

h) Nivel de seguridade.

Alto.

Risga.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Xestión e tramitación dos expedientes da Renda de Integración social de Galicia (Risga) así como de emerxencia social desde a recepción da solicitude ata a emisión da resolución.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Solicitantes de Risga ou de emerxencia social no territorio da Comunidade Autónoma Galega.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios, rexistros públicos, soportes informáticos.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos.

b. Data de nacemento.

c. Sexo.

d. Estado civil.

e. Nacionalidade.

f. Enderezo.

g. Teléfono.

h. Datos referidos ó empadroamento.

b) Datos de carácter identificativo.

a. DNI.

c) Datos económicos.

b. Datos bancarios.

d) Outros datos da unidade de convivencia.

c. DNI.

d. Data de nacemento.

e. Nacionalidade.

f. Estudios.

g. Minusvalidez.

h. Situación laboral.

i. Profesión.

j. Ingresos brutos.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

g) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

h) Nivel de seguridade.

Alto.

Beneficiarios de prestacións.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Instrumento de consulta de beneficiarios das prestacións da renda de integración social de Galicia, emerxencia social ou pensións non contributivas.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Toda persoa que solicite a tramitación dun expediente de Risga, emerxencia social ou pensión non contributiva.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formulario de solicitude de prestación.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos.

b. Data de nacemento.

c. Data de falecemento.

d. Domicilio.

e. Teléfono.

b) Datos de carácter identificativo.

a. NIF beneficiario.

b. Código do expediente.

c) Datos económicos.

a. Contía concedida.

d) Outros datos.

a. Tipo de prestación.

b. Tipo de resolución.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

g) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

h) Nivel de seguridade.

Medio.

Sistemas de información catastral.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Consultas das propiedades rústica e urbanas dos solicitantes de prestacións sociais.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Solicitantes de prestacións sociais.

c) Procedemento de recollida de datos.

Soporte informático.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos.

b. Enderezo.

b) Datos de carácter identificativo.

a. DNI/NIF.

b. Referencia catastral da propiedade.

c) Datos económicos.

a. Valor da propiedade.

d) Outros datos.

a. Superficie da propiedade.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

g) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

h) Nivel de seguridade.

Medio.

Prestación farmacéutica.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Seguimento, avaliación e análise das prescricións fármaco-terapéuticas.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoal facultativo da Comunidade Autónoma.

Titulares de oficinas de farmacia.

Industria farmacéutica.

c) Procedemento de recollida de datos.

Soporte informático.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter identificativo.

a. CIP.

b) Médico colexiado.

a. Código do colexiado.

b. DNI.

c. Nome e apelidos.

d. Enderezo.

e. Especialidade.

f. Especialidades farmacéuticas dispensadas.

c) Farmacia.

a. Código do colexiado.

b. Nome e apelidos.

c. Código da Seguridade Social.

d. Código da delegación.

e. Enderezo da farmacia.

f. Facturación ó Sergas.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

División de Farmacia e Productos Sanitarios.

g) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

División de Farmacia e Productos Sanitarios .

h) Nivel de seguridade.

Medio.

Xestión económica e orzamentaria.

a) Finalidade e usos previstos para o mesmo.

Control e seguimento da facturación e orzamento da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Servicio Galego de Saúde.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Provedores da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Servicio Galego de Saúde.

c) Procedemento de recollida de datos.

Declaración, formularios.

Vía telemática.

d) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

a) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

b) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

a. Nome e apelidos ou razón social.

b. Enderezo.

c. Teléfono.

d. Fax.

b) Datos de carácter identificativo.

a. DNI/NIF.

b. Código postal.

c) Datos económicos.

a. Datos bancarios.

b. Retencións de pagamentos.

e) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

f) Órgano responsable do ficheiro.

División de Recursos Económicos.

g) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

División de Recursos Económicos.

h) Nivel de seguridade.

Medio.