Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín (expediente 213/2000).

Para cumprir co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local e 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal que, co quórum que esixe o artigo 47.3º i) da Lei de bases de réxime local e 215.2º i) da Lei de Admi

nistración local de Galicia, acordou o Pleno do Concello na súa sesión do 22-11-2000; a continuación recóllese a parte dispositiva do acordo que se adoptou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a modificación do PXOM de Verín, segundo consta no documento final que dela presenta o equipo redactor Hábitat 6, abranguendo esta aprobación definitiva tódolos documentos, previsións e manifestacións que no referido documento final figuran.

Segundo.-Publica-la aprobación definitiva da modificación do PXOM de Verín no Diario Oficial de Galicia e no BOP, inserindo neste último integramente o texto das modificacións na normativa e ordenanzas do PXOM.

Terceiro.-Cumpri-las restantes previsións que establece o artigo 48 da Lei do solo de Galicia para que a aprobación definitiva da modificación do PXOM que se acorda sexa plenamente efectiva e eficaz.

Cuarto.-Resolver todas e cada unha das alegacións que se presentaron trala aprobación inicial da modificación do PXOM, no sentido que se indicará e polos motivos recollidos nos informes do equipo redactor e, se é o caso, do secretario do concello, asumindo estre Pleno integramete a resolución que para cada alegación propón o equipo redactor, polo que se notificará este acordo a todos e cada un dos alegantes e se achegará a cada notificación copia cotexada dos informes do equipo redactor e da secretaría, quedando á disposición dos alegantes e do resto dos veciños un exemplar de tódolos documentos que integran o PXOM para que poidan obte-la información e a documentación que precisen.

a) Alegación nº 1, de Vicente López Rojas; nº rexistro de entrada 8181:

Rexéitase polos motivos contidos no informe do equipo redactor.

b) Alegación nº 2 de Vicente López Rojas; nº rexistro de entrada 8182:

Estímase parcialmente, nos termos e polos motivos recollidos no informe do equipo redactor.

c) Alegación nº 3, de Guadalupe, Justa e Mª del Patrocinio Moreno Romero; nº rexistro de entrada 8268:

Rexéitase polos motivos recollidos no informe do equipo redactor e na consideración xurídica 3ª do informe de secretaría do 18-9-2000.

d) Alegación nº 4, de Carlos Moreno Romero; número de rexistro de entrada 8273:

Rexéitase polos motivos recollidos no informe do equipo redactor e na consideración xurídica 3ª do informe de secretaría do 18-9-2000.

e) Alegación nº 5, de Alberte Blanco Casal; número de rexistro de entrada 8275:

Rexéitase no relativo á revisión do PXOM polos motivos sinalados no informe do equipo redactor.

Rexéitase a alegación ó artigo 59.3º polos motivos sinalados no informe do equipo redactor.

Na alegación ós artigos 130.3º h) e 132.3º, rexéitase polos motivos sinalados no informe do equipo redactor, aínda que se rectifica o erro relativo á pista forestal de Queirugás, pasándoa á categoría 6.

Estímase en parte a alegación ó artigo 104.3º, aínda que se recolle nos termos propostos na alegación nº 6, presentada por Juan Manuel Jiménez Morán.

f) Alegación nº 6, de Juan Manuel Jiménez Morán; número de rexistro de entrada 8318:

Estímase, engadindo que o mantemento das zonas dotacionais privadas será por conta da comunidade veciñal e que, así mesmo, esta franxa de solo figurará na división horizontal de obra nova como dotacional privado propiedade da comunidade de veciños.

Verín, 4 de decembro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde