Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

De acordo co disposto no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, durante o prazo dun mes as entidades e os particulares poderán presentar suxestións, propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes ó avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que se someteu ó coñecemento do Concello Pleno en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 18 de decembro de 2000.

A dita información realizarase na sala de sesións da casa do concello en horario de mañá, das 9 ás 14 horas.

Sanxenxo, 19 de decembro de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde