Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (4/1999).

Primeiro.-Estima-la alegación presentada por Pablo Veiga Sánchez, no sentido de consideralo propietario da parcela 2 do proxecto de reparcelación, consignando este cunha superficie de 113 m, tal e como figura no título de propiedade achegado ó expediente.

Como consecuencia diso procede rectificar, así mesmo, as superficies das parcelas, quedando do seguinte modo:

Superficie total: 483 m, dividido en tres parcelas:

-Parcela 1: Pablo Veiga. Superficie 120 m.

-Parcela 2: Pablo Veiga. Superficie 113 m.

-Parcela 3: Concello. Superficie 250 m.

Segundo.-Desestima-lo resto das alegacións presentadas, baseándose nas consideracións que figuran no informe emitido, do que se dará traslado literal ó interesado.

Terceiro.-Rectifica-lo proxecto inicialmente aprobado, como consecuencia da estimación da alegación citada no punto primeiro e da reducción da contribución dos propietarios as cargas do proxecto, en virtude do disposto no artigo 130 da Lei 1/1997 LSG.

Cuarto.-Outorgar novo trámite de audiencia polo prazo de vinte días ós interesados en canto á modificación do proxecto trámite referido única e exclusivamene á reducción dos custos de urbanización.

O que se publica para xeral coñecemento e, en concreto, para aquelas persoas ás que non se lles poida notificar polas circunstancias que en cada caso se especifique na dilixencia do notificador, realizada de acordo co estipulado no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común, outorgando para estes efectos un prazo de vinte días, contados desde a publicación deste anuncio, durante os que permanecerá o expediente a exposición pública e poderán formularse as alegacións que coiden convenientes.

A Coruña, 15 de noviembre de 2000.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda