Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia As2000/26).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Nº de expediente: As2000/26.

2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento biolóxico da Casa dos Peixes. Prazo de execución: un ano prorrogable.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo é de 68.000.000 de pesetas (408.688,23 euros) anuais (IVE incluído) a partir do 31 de xullo de 2001. Desde a adxudicación ata o 31 de xullo de 2001, o orzamento máximo é de 36.000.000 de pesetas (216.367,35 euros) anuais, é dicir, 3.000.000 de pesetas mensuais durante os meses entre o inicio da prestación do servicio e o 31 de xullo de 2001. As proposicións económicas dos licitadores non poderán execer deste orzamento, debendo presenta-las devanditas proposicións especificando na oferta ata o 31 de xullo e a partir da citada data en diante.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratación*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo III, subgrupo 5, categoría c.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13 horas do día 31 de xaneiro de 2001. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas económicase documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 11 de decembro de 2000.

A Coruña, 11 de decembro de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación