Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (14/2000).

A alcaldía, con data do 9 de novembro de 2000, dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación presentado polo Gabinete de Xestión Urbanística S.A. para o desenvolvemento do polígono G3.05 Ronda de Monte Alto, coas seguintes modificacións respecto ó exemplar presentado con data de setembro de 2000.

-Páxina 4 punto 3. Descrición do polígono: débese suprimir no segundo parágrafo a referencia a que este está incluído na área de reparto ARP-G3.05.

-Nas fichas descritivas das parcelas resultantes débese substituí-lo disposto no peche de liquidación de cada unha delas polo disposto no informe da arquitecto de planeamento, transcrito na parte dispositiva deste informe.

Segundo.-Reitera-lo requirimento ós propietarios incluídos na citada actuación para que lle xunten ó expediente os títulos que posúan e declaren as situacións xurídicas que coñezan e afecten ós seus predios advertindo que a omisión, erro ou falsidade nestas declaracións non poderá afectar ó resultado obxectivo da reparcelación, tal e como dispón o artigo 103.2º do RGU.

O que se fai público os efectos previstos no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertíndolles ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña, entre as 12 e as 13.30 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación. Así mesmo, dispoñen do mesmo prazo para achega-la documentación referida no punto segundo da resolución.

A Coruña, 14 de novembro de 2000.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde