Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

O Concello de Cee anuncia a adxudicación da obra seguinte, incluída no Plan 2000 de protección de medio ambiente, 2ª fase da anualidade 2000, da deputación provincial.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cee.

2. Obxecto do contrato:

-Execución da obra acondicionamento e reposición do dique no paseo marítimo e praia de Cee.

-Redactor do proxecto: Pedro Quintáns Díaz.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento: urxente, con procedemento aberto.

4. Forma: poxa.

5. Orzamento: 10.432.000 pesetas.

6. Clasificación empresarial: non se esixe.

7. Garantía provisional: 208.640 pesetas.

8. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

9. Obtención de documentos e información:

Concello de Cee. Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n. Teléfono: 981 74 51 00.

10. Lugar e presentación de ofertas.

-Na Secretaría do Concello de Cee, en horas hábiles de oficina, durante o prazo de trece días naturais, contados desde a publicación do último anuncio.

11. Documentación: a que figura nos pregos.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Cee, 21 de novembro de 2000.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente