Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello, con data do 14-12-2000, os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para o alleamento da referida parcela, exponse ó público durante oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio, para que quen se considere interesado poida presentar reclamacións.

Simultaneamente, o concurso, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións ós pregos.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Carballiño.

2. Obxecto do contrato: alleamento da parcela B-3 do polígono da Uceira.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: restrinxido. Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: 11.000.000 de pesetas.

5. Garantías. Provisionais: 220.000 pesetas. Definitivas: 440.000 pesetas.

6. Obtención de información e documentación: Secretaría do Concello do Carballiño, praza Maior 1, 32500 O Carballiño. Teléfono: 988 53 00 07. Telefax: 988 3 00 08.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación non requirida.

8. Presentación de solicitudes de participación: a) No rexistro xeral do concello, de luns a sábados e en horario de oficina, durante os 14 días naturais seguintes ó de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG, BOP ou BOE se fose necesario), segundo se expón na cláusula X dos pregos.

9. Ó tratarse dun procedemento restrinxido, o número máximo de empresas que se pretende invitar será de 5.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Posibilidade de adxudicación negociada. De conformidade co disposto nos pregos, se o procedemento se declarase motivadamente deserto, poderá acudirse á utilización do negociado para a selección do adxudicatario.

12. Modelo de solicitude de participación: segundo se recolle no anexo III ós pregos.

O Carballiño, 15 de diciembre de 2000.

O alcalde

Rubricado