Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de arquivo de dilixencias previas a Francisco y Mondelo Viñas e Álvaro Buitrago Calvet (expediente DP-52/1998).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 52/1998, seguidas en virtude de denuncia formulada por Francisca Pérez Oroza e outros, contra Francisco y Mondelo Viñas e Álvaro Buitrago Calvet, finalizando este trámite con acordo de arquivo das actuacións por incompetencia deste organismo.

Para tal fin concédeselles ós interesados un prazo de 15 días para presenta-las alegacións que coiden oportunas, contra este acordo de arquivo.

Lugo, 23 de outubro de 2000.

Francisco Centeno Márquez

Xefe da Sección de Inspección e Sancións

do Instituto Galego da Vivenda e Solo