Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/252-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento en M.T. na Igrexa, s/n.

Situación: As Somozas.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 529 m de lonxitude, con orixe no C.T. As Somozas e final nos apoios de paso aerosubterráneos arquetas D e H nas proximidades do centro de saúde e igrexa respectivamente. Centro de transformación en caseta prefabricada, próximo á Igrexa, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parten redes de baixa tensión subterráneas, con conductor R.V. con lonxitudes de 40 m e 200 m que se conectan a redes existentes. As Somozas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña