Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Camiño Vello de Castela.
Situación: Pontevedra.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 104 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente Mourente-Fondevila ata o C.T. que se proxecta no Camiño Vello de Castela, no concello de Pontevedra, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 9 de novembro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegado provincial de Pontevedra