Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/231-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10, 3º esquerda, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Casanova-Larín.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 625 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Coque (expediente 52400) e final no C.T. Casanova-Larín, que se vai instalar. Centro de transformación tipo aéreo, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV no lugar de Casanova-Larín. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña