Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/252-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Amedio.

Situación: Bueu.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 26 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio intercalado na L.M.T. Cangas-Bueu,

entre os apoios 35 e 36, ata o C.T. que se proxecta en San Amedio, no concello de Bueu. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 553 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 31 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra