Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/167-2, 5512 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Sta. Baia de Boveda.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV aérea en conductor LA-56 de 506 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 270 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 13 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo