Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato convocados pola Orde do 28 de agosto de 2000.

A Orde do 28 de agosto de 2000 (DOG do 27 de setembro), pola que se convocaban os premios extraordinarios das modalidades de bacharelato LOXSE, reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo correspondentes ó curso 1999/2000, establecía no seu artigo oitavo. 2 que, de acordo coa proposta feita polo tribunal encargado de supervisar e avalia-las probas do premio extraordinario de bacharelato, o director xeral de Centros e Inspección Educativa concedería os premios extraordinarios de bacharelato.

Unha vez realizadas as citadas probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos candidatos e unha vez resoltas as reclamacións presentadas e vista a acta coa proposta definitiva de

adxudicación dos premios extraordinarios, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-lo premio extraordinario das modalidades de bacharelato, reguladas pola Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, correspondente ó curso 1999-2000 a Francisco Javier Fraga Cadórniga, alumno do IES Sanxillao de Lugo.

Segundo.-Contra a devandita resolución de adxudicación dos premios, que porá fin á vía administrativa, poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o director xeral de Centros e Inspección Educativa, ou ser impugnada mediante a interposición do recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa