Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 26 de decembro de 2000 Páx. 16.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se autorizan os programas de garantía social en centros privados e institucións sen ánimo de lucro, que figuran nos anexos I e II, para o curso 2000-2001.

En virtude da Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio) pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia,

Esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional,

RESOLVE:

Autorizar para o curso escolar 2000-2001 os programas de garantía social que figuran nos anexos I e II desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa