Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.823

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO de finalización de selección de persoal.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 anuncia a finalización do proceso de selección para a contratación indefinida do seu cadro de persoal, segundo a convocatoria publicada no DOG nº 202 con data do 18 de outubro de 2000.

A lista de persoal seleccionado estará á disposición dos interesados nos taboleiros de anuncios dos nove centros de traballo da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061