Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.823

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 27 de novembro de 2000, do Padroado da Fundación Pública Hospital do Salnés, polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección do persoal.

Advertidos erros no texto do dito acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 243, do luns 18 de decembro de 2000, cómpre efectua-las oportunas correccións:

Na páxina 16.642, punto 3.2º, onde di: «20 días naturais», debe dicir: «20 días hábiles».

Na páxina 16.643, anexo I:

-Nas categorías de diplomado/a sanitario ATS/DUE e auxiliar de enfermería, onde di: «prazas 35», debe dicir: «prazas 34+1 (acceso discapacitados)».

-Na categoría persoal servicios xerais, onde di: «FPI ou FPII, ciclos formativos de grao medio ou superior ou BUP», debe dicir: «Graduado escolar, FPI ou FPII, ciclos formativos de grao medio ou superior ou BUP ou equivalente.».