Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 21 de novembro de 2000, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de servicio.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.

2. Obxecto: servicio de publicidade de actividades que realice o Inludes durante o ano 2001.

3. Orzamento: nove millóns trescentas mil (9.300.000) pesetas.

4. Prazo de execución: desde o 1-1-2001 ata o 31-12-2001.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 267, do 21 de novembro de 2000.

Lugo, 21 de novembro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo