Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.823

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública do seguinte posto vacante, de acordo coas seguintes bases:

1 ATS instrumentista. Referencia 00/15.

Titulación: título homologado de ATS/DUE.

Experiencia: experiencia mínima dun ano como instrumentista xeral, e, alomenos, de seis meses como instrumentista en cirurxía cardíaca.

Procedemento de selección: baremo do currículum (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Presentación de solicitudes.

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a referencia que se sinala, no prazo improrrogable de quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ó Instituto Galego de Medicina Técnica; praza de Europa, 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).

Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido.

Inicio das probas.

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente Instituto Galego

de Medicina Técnica