Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de outubro de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización promovido por Rafael Luis Cob, en representación da sociedade Penufra, S.L., para a urbanización en patio do cuarteirón na avda. de Fisterra, 52, Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto Ignacio E. Rodríguez Galán (expediente 15/00.PUR).

Recursos.

Contra este acordo, que é definitivo en vía adminitrativa, poderá vostede interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facelo perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa de recurso de reposición poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da recepción da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderá vostede interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 2 de novembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado