Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO.

Publicado no BOP nº 279, do 5 de decembro de 2000, o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán o concurso público para a selección e adxudicación do contrato de servicios para a recolla do lixo a través de procedemento aberto, mediante concurso, ó abeiro dos artigos 196, 198, 206 e 208 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise convocatoria de licitación conforme este, e que, en extracto, di:

1. Tipo de licitación.

Fíxase como tipo de licitación máxima a cantidade de dezaoito millóns (18.000.000) de pesetas/ano, IVE incluído.

2. Duración do contrato.

O contrato, nos termos previstos no artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, terá unha duración de dous anos, aínda que será obxecto de prórroga por mutuo acordo das partes antes da finalización do contrato, adoptado cunha antelación mínima de tres meses antes da súa finalización; sen que, en ningún caso, a súa duración, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos, nin que estas poidan ser concertadas illada ou conxuntamente por un prazo superior ó fixado orixinariamente.

3. Garantía definitiva.

A garantía definitiva será do 4% do orzamento do contrato e poderá constituírse de calquera das

formas previstas no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

4. Presentación de proposicións.

As propostas presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos, das 9 ás 13 horas durante os 15 días naturais seguintes ó da última publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Tamén poderán presentarse proposicións por correo; neste caso o interesado deberá acreditar, co xustificante correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle o mesmo día ó órgano de contratación, por fax, télex ou telegrama, a remisión da proposición. Sen tales requisitos non será admitida a proposición, no caso de que se recibise fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

En todo caso, procederase á apertura das proposicións o primeiro luns hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás trece horas, e deberá mediar un mínimo de tres días contados desde o remate do prazo.

5. Consulta do expediente.

O expediente poderá consultarse na secretaría municipal durante o prazo de presentación de proposicións das 9 ás 14 horas.

Ares, 11 de decembro de 2000.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente