Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BANDE

CONVOCATORIA do concurso, polo procedemento aberto, para a realización das obras de saneamento en Corvelle.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Bande. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 3/2000.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: obras de saneamento en Corvelle. b) Lugar de execución: Corvelle-Bande. c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 15.169.837 pesetas.

5. Garantías: provisional: 303.396 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Concello de Bande. b) Domicilio: San Roque, nº 2. c) Localidade e CP: Bande 32840. d) Teléfono: 988 44 30 01. e) Telefax: 988 44 34 30. f) Data límite para a obtención dos documentos e información: 13 días naturais desde a publicación deste edicto no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: 13 días naturais desde a publicación deste edicto no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a prevista na cláusula XI do prego de cláusulas administrativas. c) Lugar de presentación: mesmo que no punto 6º. d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata sinatura do contrato. e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexen a contratación.

9. Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Bande. b) Domicilio: rúa de San Roque, nº 2. c) Localidade: Bande. d) Data: o primeiro día natural hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións. e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a) Criterios de valoración: os que figuran nas bases de contratación. b) Aprobación do expediente: 1 de decembro de 2000.

Bande, 4 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado