Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á Fundación San Calixto a autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por José Constantino Núñez Vázquez en representación da Fundación San

Calixto e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Visto o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e a súa instrucción técnica complementaria ITE-11 cos seus apéndices, aprobado polo Real decreto 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen as especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantenedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Concederlle á Fundación San Calixto a autorización como entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantenedor de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da provincia de Lugo.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE-11 do Real decreto 1751/1998, do 31 de xullo de 1998.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria