Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Vales Vilamarín, 24.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 22 m de lonxitude, con orixe na liña subterránea que alimenta o C.T. mirador e final no C.T. en Vales Vilamarín, 24, que se vai instalar. Centro de transformación en baixo de edificio, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV na r/ Vales Vilamarín, 24, do que parte rede subterránea en conductor R.V. de 37 m que se conecta á rede existente. A Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de novembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña