Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.803

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/232-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distrución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S, C.T.C. e R.B.T.S. José Antonio, 79.

Situación: Ordes.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor 2R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 156 m de lonxitude, con orixe no SME 809-Ordes e final no C.T. na avda. José Antonio, 79, que se vai instalar. Centro de transformación en soto edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na avda. José Antonio, 79, do que parte rede de baixa tensión, de 189 m de lonxi

tude en conductor subterráneo R.V. que se conecta á rede existente. Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña