Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Viveiro. (Expediente 034-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da

Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

* Estudio ambiental.

* Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Viveiro.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A.

15705 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Viveiro e Xove (Lugo).

Emprazamento (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.616.203,445; 4.836.436,603), V(0.616.304,091; 4.836.229,026)

V(0.616.605,723; 4.835.961,426), V(0.619.941,875; 4.831.951,529)

V(0.619.827,119; 4.831.787,726), V(0.617.968,882; 4.832.150,103)

V(0.617.850,195; 4.832.311,080), V(0.617.862,658; 4.833.244,731)

V(0.616.085,610; 4.832.045,829), V(0.615.149,901; 4.832.465,326)

V(0.615.195,326; 4.832.660,099), V(0.617.459,081; 4.833.428,948)

V(0.615.865,155; 4.833.469,371), V(0.615.468,099; 4.834.146,808)

V(0.615.990,048; 4.835.123,676), V(0.615.837,406; 4.836.349,347)

Características técnicas do parque eólico:

* Nº de aeroxeradores: 55.

* Potencia nominal unitaria: 660 kW.

* Potencia total instalada: 36,30 MW.

* Tipo de aeroxerador: G-47.

* Producción neta anual estimada: 103.283 MWh/ano.

* Orzamento total: 4.555.414.913 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

* 55 aeroxeradores tipo G-47 de 660 kW de potencia nominal unitaria.

* 55 centros de transformación de 775 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

* Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

* Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de

Viveiro, composta por un transformador principal 20/132 kV de 40 MVA ONAN de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,42-0,24 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

S.E.: as afeccións denominadas «Zapatas» e «Plataforma» implican a expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: as afeccións denominadas «Viais» e «Gabias» implican a imposición de servidume de paso.

S.V.: a afección denominada «Voo» implica a servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: a afección denominada «Protección Eólica» implica as seguintes limitacións de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, árbores, postes e outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai publico para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Viveiro poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Viveiro e Xove, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo vomún, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 3 de novembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo