Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/48-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.

Domicilio social: r/ Galera, 1, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., Paradela-Alais-San Paio de Abeleda-O Castro.

Situación: Castro Caldelas.

Características técnicas: cinco liñas aéreas, a 20 kV, en conductor tipo LA-56, denominadas: Conde de Oleiros (O Castro)-Bodegas San Paio de Abeledo de 2.608 m de lonxitude, derivación San Paio de Abeleda de 652 m, derivación Abeleda-derivación Alais de 604 m, L.M.T. Alais de 291 m, derivación Alais-Paradela de 962 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 9 de outubro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense