Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.792

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZASEIS DE MADRID

EDICTO (398/1998).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dezaseis de Madrid fai saber que neste xul

gado e baixo o número 398/1998 se seguen autos de adxudicación de bens ós que están chamadas varias persoas sen designación de nomes, por instancia de Juan Antonio Pérez-Gaye Herrero, Carlos Javier Pérez-Gaye Herrero, Carolina Pérez-Gaye Herrero e María Isabel Pérez-Gaye Herrero, contra Natalia Pérez-Gaye Janer e Natalia Janer Vázquez, nestes autos acordouse a publicación deste edicto co fin de chama-los que se crean con dereito, para compareceren a deducilo no termo de dous meses contados a partir da data da publicación, á herdanza de Cayo Pérez-Gaye Álvarez, nacido en Santander o día 22 de xuño de 1908, con domicilio en Madrid, rúa Castelló 52, casado con Natalia Janer Vázquez e falecido en Madrid o día 2 de novembro de 1996, que outorgou escritura de testamento aberto ante o notario de Madrid Lorenzo Guirado Sanz con data do 25 de outubro de 1989, no que fixo constar que os promoventes desta son: María Isabel Pérez-Gaye Herrero, Carolina Pérez-Gaye Herrero, Carlos Javier Pérez-

Gaye Herrero e Juan Antonio Pérez-Gaye Herrero, fillos do mencionado finado.

E para que lles sirva de notificación en legal forma ós que se crean con dereito á herdanza de Cayo Pérez-Gaye Álvarez, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Madrid, vinte de novembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado