Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.792

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (5063/2000).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro, en nome e representación da Empresa Raúl, S.A. contra orde da CPTOPV do 27-6-2000, pola que se lle outorga con carácter definitivo a Auto Industrial, S.A., unha concesión de s.p. regular de transporte de viaxeiros por estrada V-7064; XC-438, Ourense-Ribadavia-A Cañiza-O Porriño-Vigo.

Recurso número: 02/0005063/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 20 de novembro de 2000.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado