Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 22 de decembro de 2000 Páx. 16.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (161/2000).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa,

Dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 161/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Arzúa, vinteoito de setembro de dous mil.

Vistos por min, Ana María Brañas Casas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número un de Arzúa, os presentes autos de xuízo de faltas nº 161/2000, nos que foron partes o fiscal e, como denunciados, Carlos Ramírez Montoya e Sonia Manteiga Botana, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución e no nome de El-Rei, dicto a seguinte setencia.

Decido: que debo absolver e absolvo a Carlos Ramírez Montoya da falta que se lle imputaba.

Que debo condenar e condeno a Sonia Manteiga Botana, como autora responsable dunha falta contra a orde pública xa definida, á pena de multa de dous meses a razón de 300 pesetas diarias, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana.

Condénase a Sonia Manteiga Botana ó pagamento das custas procesuais.

A presente resolución non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Carlos Ramírez Montoya, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa o vintesete de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado