Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (584/2000).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria realizada o día 5 de outubro de 2000 aprobou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono SU-7 Portocarreiro-2ª fase do PXOU de Ourense, por instancia de Bautista Rodríguez Díaz en representación da Xunta de Compensación do Polígono de Portocarreiro coas condicións técnicas fixadas polo Servicio de Enxeñería no informe do 28 de xuño de 2000, e polo Servicio Eléctrico no seu informe do 21 de xuño de 2000, e logo de constitución de garantía polo importe de 29.447.228 pesetas, co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 9 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente