Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

No BOP número 279, con data do 5 de decembro de 2000, publícanse integramente as bases xerais e específicas para a provisión das prazas recollidas na oferta de emprego público para o ano 2000.

A) Funcionarios de carreira:

a) Acceso libre:

1º Grupo B (segundo o artigo 25 de Lei 30/1984).

-Escala de Administración xeral, subescala de xestión. Denominación: técnico de xestión orzamentaria. Nº de vacantes: unha.

2º grupo D (segundo o artigo 25 da Lei 30/1984).

-Escala de Administración especial, subescala de servicios especiais. Clase: policía local.

Denominación: garda. Número de vacantes: unha.

De conformidade co previsto na base 4ª.1 das xerais, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado o extracto de convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Ribadeo, 7 de decembro de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde