Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 5 de decembro de 2000, en virtude da delegación da Alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o proxecto de urbanización das travesías do contorno do cuarteirón dos soares números 34, 36, 38, na marxe dereita da avenida Monserrat, fronte AR-35, de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público polo prazo dun mes contado desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante el poida ser examinado polos interesados e para presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.

Lalín, 12 de decembro de 2000.

O alcalde-presidente

Rubricado