Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 6 de novembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou porque se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0095/60/0000035500 do Banco Gallego, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos seis meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de quince días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ferrol, 6 de novembro de 2000.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Juan Manuel Bermúdez Chamorro25336557Asistencia sanitaria16-8-1999-16-8-199924840

Javier Braña Carnero32666146Asistencia sanitaria19-9-1999-19-9-199924840

Germán Sueiras Brage 52316753Asistencia sanitaria29-1-2000-29-1-200024840

John KemiC710211Asistencia sanitaria22-3-2000-22-3-200035840

Elena María Mella Vázquez32828586Asistencia sanitaria21-3-2000-21-3-200035840

Antonio Blanco Prada10054347Asistencia sanitaria11-2-2000-11-2-200024840

Carmen Cagiao SanjurjoAsistencia sanitaria30-7-2000-30-7-200035840

Abdullah Hami CerdeiraAsistencia sanitaria5-7-2000-5-7-200035840