Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO da adxudicación por concurso do servicio público de conservación e mantemento das instalacións de iluminación pública e das dependencias municipais do Concello de Culleredo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: conservación e mantemento das instalacións de iluminación pública e das dependencias municipais do Concello de Culleredo.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 10 anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 48.121.909 pesetas (289.218,50 euros).

7. Garantía provisional: 2% do orzamento.

8. Garantía definitiva: 4% do prazo de adxudicación.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: Rúa do Concello nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de ofertas: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo; rexistro xeral.

13. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 9 de novembro de 2000.

P.D. (Resolución 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio

e Contratación