Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, mediante expediente anticipado de gasto polo sistema de concurso público e procedemento aberto para a asistencia técnica de posta en marcha e conducción das instalacións do novo edificio do Servicio Galego de Saúde en San Lázaro-Santiago de Compostela (A Coruña).

-Obxecto: asistencia técnica para a posta en marcha e conducción das instalacións do novo edificio do Sergas en San Lázaro-Santiago de Compostela (A Coruña).

-Importe: 10.800.000 pesetas (64.909,30 euros).

-Anualidades:

2001: 5.400.000 pesetas (32.454,65 euros).

2002: 5.400.000 pesetas (32.454,65 euros).

-Duración: dous anos prorrogables.

-Garantía definitiva: non se esixe.

-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2000.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos