Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

I. Adquisición de equipamento de moblaxe de vestiarios con destino ó Instituto Galego de Oftalmoloxía situado no Hospital de Conxo en Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-64/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de moblaxe de vestiarios.

c) Lote: 2 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 159, do 17 de agosto de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaseis millóns duascentas catro mil setecentas pesetas, IVE incluído (16.204.700 pesetas, IVE incluído) (97.392,21 euros).

Lotes nº 1: 15.350.000 pesetas (92.255,36 euros).

Lotes nº 2: 854.700 pesetas (5.136,85 euros).

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equip. gardarroupas dobres.

Lote nº 2: equip. bancos vestiario.

a) Data: 28 de setembro de 2000.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catorce millóns oitocentas setenta e seis mil oitocentas cincuenta pesetas, IVE incluído (14.876.850 pesetas, IVE incluído) (89.411,67 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos