Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.763

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (120/2000).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 120/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, vintenove de maio de dous mil.

Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz de instrucción, visto e oído no xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas 120/2000, seguida por unha falta lesións contra José Ramón Lago Pajón e Carlos Cea Duro, sendo parte nesta o Ministeiro Fiscal.

Decido que debo absolver como absolvo a José Ramón Lago Pajón e Carlos Cea Duro da falta de lesións de que viñan acusados, con declaración de custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Ramón Lago Pajón, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente en Santiago de Compostela o vinteún de novembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado