Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000 pola que se convoca, mediante concurso aberto e trámite de urxencia, a contratación dunha asistencia técnica para a organización das probas selectivas de acceso ós corpos de auxiliares e subalternos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Obxecto: asistencia técnica para a organización das probas selectivas de acceso ós corpos de auxiliares e subalternos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Orzamento: 28.694.241 pesetas (172.452,86 euros).

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=117.

6. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de oito días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

6. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil, contado desde o seguinte ó do termo do prazo para presenta-las ofertas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública