Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.763

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (136/2000).

Procedemento: xuízo de faltas nº 136/2000-M.

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas referenciado se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión di:

Sentencia 71/2000. En Carballo o tres de outubro de dous mil. Javier Fraga Mandián, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos deste partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 135/2000, seguido por falta de lesións en agresión, con intervención como partes: María Pardavila Oujo, denunciante a José Ramón González, denunciado.

Decido: que debo absolver e absolvo a José Ramón González da falta que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas procesuais.

Esta sentencia non é firme, cabe contra esta recurso de apelación que se interpoñerá para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a notificación desta.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que conste, para os efectos e lle sirva de notificación en legal forma a José Ramón González, que se atopa actualmente en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Carballo o dezasete de novembro de dous mil.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado