Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.763

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (5026/2000).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Antonio Pardo Fabeiro en nome e representación de Aurea Aguín Martínez e outros, contra acordo co Concello de Poio do 28-7-2000 polo que se aprobou o Plan Xeral de Ordenación Urbana do dito municipio, publicado no DOG do 6-9-2000.

Recurso número: 02/0005026/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas, que, non séndoo persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, dezaseis de novembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado