Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.761

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 115/2000, interposto por Antonio Ulloa Allones en nome e representación do Colexio Oficial de Funcionarios de Administración Local con Habilitación de Carácter Nacional.

Recibida comunicación do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso con

tencioso-administrativo, procedemento ordinario 115/2000, interposto por Antonio Ulloa Allones en nome e representación do Colexio Oficial de Funcionarios de Administración Local con Habilitación de Carácter Nacional, contra resolución da Dirección Xeral de Administración Local, con data do 18 de xullo de 2000, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia dos estatutos do Consorcio As Mariñas.

A Dirección Xeral de Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para o xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local