Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se lle dá publicidade á resolución do concurso de debuxos entre alumnos de educación primaria e secundaria para a conmemoración do Día da Seguridade e Saúde no Traballo, convocado por Orde do 14 de abril de 2000.

Por Orde do 14 de abril de 2000, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (DOG do 28 de abril), convocouse un concurso de debuxos

entre alumnos de educación primaria e secundaria para a conmemoración do Día da Seguridade e Saúde no Traballo o 28 de abril de 2000, co fin de fomentar unha cultura preventiva no eido da sociedade.

De conformidade coa base sétima da convocatoria, as comisións de valoración elevaron os seus informes-propostas, e o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais resolveu con data do 27 de outubro de 2000.

A base sétima da convocatoria establece que a resolución será publicada no DOG, será inapelable e que se poderán declarar desertos os premios anunciados ou, se é o caso, compartidos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Dar publicidade á resolución do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en relación co concurso de debuxos entre alumnos de educación primaria e secundaria para a conmemoración do Día da Seguridade e Saúde no Traballo, que ten o seguinte contido:

-Primeiro premio: a Norma Fernández Prieto, alumna de 4º ESO do Colexio IES Moncho Valcárcel da Coruña e a Elvira Coello Díez, alumna do Colexio Las Acacias de Vigo, dotado cada un deles con 50.000 pesetas en material didáctico.

-Segundo premio: compartido, a Rebeca Cancelo Cirado e Nerea Prieto Criado, alumnas de 4º ESO do Colexio IES Moncho Valcárcel da Coruña, e a Iago Lago Rodríguez, alumno do Instituto O Meixoeiro de Vigo, dotado cada un deles con 25.000 pesetas en material didáctico.

-Declarar desertos os premios convocados nas provincias de Lugo e Ourense por non presentarse solicitudes no prazo establecido na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais