Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 21 de decembro de 2000 Páx. 16.761

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 214/2000, interposto por José Fernández Amorín.

Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 214/2000, interposto por José Fernández Amorín, contra o acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais UGT, SPJ-USO e CC.OO., con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta Comunidade, para a mellora do servicio público da xustiza no marco da disposición adicional nova do Real decreto 1616/1989, do 29 de decembro, modificada polo R.D. 668/1999, do 23 de abril.

A Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co disposto no artígo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido, e emprázanse para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza