Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-383).

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 27 de setembro de dous mil, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da parcela Z-8 do Plan parcial no ámbito do SUNP-15-R, en Romardeiro-Liáns.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte á notificación desta, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén se poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 27 de outubro de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta