Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 17 de outubro de 2000, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que han de rexer na contratación mediante tramitación urxente y por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous, expoñéndose ó publico polo prazo de oito días seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Simultaneamente anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións en relación ó dito prego.

1. Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno do concello.

2. Obxecto do contrato y prazo de execución: pavimentación de accesos en núcleos de poboación de San Breixo de Parga, Pígara, San Salvador, Vilares, Buriz, Sta. Cruz e Negradas. Prazo seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento de licitación e criterios de selección: vinteseis millóns duascentas cincuenta e oito mil novecentas setenta e catro pesetas. Os consignados no prego de condicións.

5. Garantías: provisional 525.179 pesetas. Definitiva: catro por cento do importe de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información: Concello de Guitiriz, secretaría; rúa Xeneral Franco, 4; teléfono e fax 982 37 01 09. Ata o día anterior ó que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación de ofertas: prazo de trece días seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, de nove a catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: tres meses, contados desde o día de apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas: primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado, ás trece horas quince.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Guitiriz, 16 de novembro de 2000.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa