Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 15 de decembro de 2000, aprobou definitivamente o Plan parcial do sector RA42 (A2), nos Alargos-Guillar.

Contra o dito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte á derradeira publicación do presente no BOP ou no DOG.

Outeiro de Rei, 15 de decembro de 2000.

José Pardo Lombao

Alcalde