Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. avda. Mahía, esq. r/ Alcalde Lorenzo.
Situación: Ames.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 80 m de lonxitude, con orixe na liña Roxos-Negreira tramo entre C.T. Canela e C.T. Ameneiro e final no C.T. na r/ Alcalde Lorenzo, que se vai instalar. Centro de transformación tipo caseta metálica, lado edificio nº 62 en avda. Mahía, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220. Ames.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 8 de novembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña